Blogia
Club de Lectura "A Xunqueira"

Lingua de amor

Lingua de amor

    Con motivo do Día das Letras Galegas e o Día Internacional da Internet, o Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

    As declaracións de amor que participen neste concurso deberan redactarse, xunto cos datos persoais dos concursantes, no formulario que aparece na seguinte páxina web.

    A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2007.

    Podedes ler as bases do concurso aquí.

    Establécense tres premios por cada unha das categorías:
    Categoría A (de 14 a 19 anos):
    1º Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego
    2º DVD portátil + un lote de libros en galego
    3º MP3 + un lote de libros en galego

0 comentarios