Blogia
Club de Lectura "A Xunqueira"

O neno do pixama a raias

Entrevista a John Boyne

Entrevista a John Boyne

Completamos as actividades relativas á lectura do libro O neno do pixama a raias coa entrevista realizada ao seu autor no programa página2.

Podedes aproveitar a sección de comentarios deste artigo para opinar sobre o funcionamento e as actividades desenvolvidas polo club de lectura do centro.

O neno do pixama a raias

O neno do pixama a raias

As alumnas e alumnos pertencentes ao Club de lectura do centro remataron as actividades relacionadas coa lectura do libro de John Boyne O neno do pixama a raias.

Como complemento ás mesmas podedes ler a seguinte entrevista ao seu autor.

Tamén pode servir de ilustración o visionado dun reportaxe en vídeo sobre Auschwitz-Birkenau titulado Memoria do Holocausto no que colaborou o profesor deste centro Vicente Sánchez Martín.

O neno do pixama a raias (Capítulos XVII-XX)

O neno do pixama a raias (Capítulos XVII-XX)

    A prolongada estancia en Ouvichs está afectando a tódolos membros da familia agás a Bruno que esquece a súa anterior vida grazas á relación de amizade que mantén con Shmuel. A nai e o pai de Bruno deciden que é mellor que a familia se divida: o pai quedará no campo e o resto regresará a Berlín. Bruno non está moi satisfeito coa decisión pero asúmea.

    A inminente partida de Bruno entristece a Shmuel, que tamén está moi preocupado pola desaparición do seu pai. Bruno comprométese a axudar a Shmuel a atopar ao seu pai antes de marchar do campo. O plan consiste en pasar por debaixo do aramado vestido cun dos pixamas de raias que lle traerá Shmuel e, unha vez no interior do campo, buscar pistas que conduzan ata o pai de Shmuel...

O neno do pixama a raias (Capítulos XIII-XVI)

O neno do pixama a raias (Capítulos XIII-XVI)

    Bruno esquece case por completo a vida que levaba en Berlín mesmo chega a considerar, cando volta do funeral da súa avoa, a súa casa de Ouvichs como "o seu fogar".

    Os episodios vividos por Pavel e Shmuel co tenente Kotler revélanlle a lei do campo: "non levarlle a contraria a ninguén, calar a boca e non causar ningún problema". Tamén descobre que o medo pode levar a traición (aínda que despois lle pida perdón a Shmuel). Gretel infórmao da existencia de dous mundos opostos: o dos xudeus e o dos "contrarios".

O neno do pixama a raias (Capítulos IX-XII)

O neno do pixama a raias (Capítulos IX-XII)

Bruno xa non pensa tanto na vida que levaba en Berlín e tenta atopar novas ocupacións en Ouvichs. As clases co profesor Liszt, amante da xeografía e da historia, lévano a anovar o seu interese pola exploración. Como consecuencia da primeira que fai, coñece a un neno chamado Shmuel que "vive" dentro do campo e que lle conta como chegou ata alí.

O neno do pixama a raias (Capítulos V-VIII)

O neno do pixama a raias (Capítulos V-VIII)

Bruno non acepta que a súa familia teña que estar en Ouvichs, mesmo chega a pensar que o feito de estar nese lugar pode deberse a que o seu pai cometeu un erro polo que foi castigado. Esta situación lévao a recordar feitos dun pasado máis feliz (que en moitos casos aclaran o presente) ou a buscar refuxio nos xogos infantís (o bambán).

As conversas que mantén coa criada María revélanlle unha faceta nova do carácter do seu pai.

Tamén entra en contacto con outra xente que vive en Ouvichs, como Pavel, o cociñeiro, pero non é quen de darse conta dos problemas que lles afectan.

O neno do pixama a raias (Capítulos I a IV)

O neno do pixama a raias (Capítulos I a IV)

Bruno, un neno berlinés de 9 anos, vese na obriga de deixar aos seus amigos e a cómoda vida que leva para acompañar ao seu pai e ao resto da familia ata Ouvichs, onde o seu pai ten un "traballo" moi importante que facer.
Alí descobre que ten uns veciños un pouco estraños que visten todos cun pixama a raias grises.

O neno do pixama a raias

O neno do pixama a raias

Formando parte das actividades do club de lectura do centro, un grupo de alumnas e alumnos xunto con varias profesoras e profesores farémo-la lectura deste libro desde o mes de marzo ata o mes de xuño.

As nosas experiencias co libro farémolas públicas tanto nas diferentes reunións do club de lectura do centro coma neste blog.

Reunións

Día

Capítulos

Lugar da reunión

Luns 31 de marzo

1-4

5ª hora aula 7A de 3ºESO “A”

Luns 14 de abril

5-8

5ª hora aula 7A de 3ºESO “A”

Luns 28 de abril

9-12

5ª hora aula 7A de 3ºESO “A”

Luns 12 de maio

13-16

5ª hora aula 7A de 3ºESO “A”

Luns 26 de maio

17-20

5ª hora aula 7A de 3ºESO “A”

Que é un club de lectura?